
Disfrázate
Envíanos unha foto onde esteas disfrazado de tal xeito que pareza que non estás alí

Mimetízate
O teu traxe terá que mimetizarse co entorno da foto coma se foses parte do lugar.

Participa
Envíanos a foto antes do 14 de Marzo e poderás optar a premios de 300 euros, 200 euros e 100 euros e ademáis, os primeiros 10 participantes levarán un bono por valor de 20€.

Envíanos unha foto onde esteas disfrazado de tal xeito que pareza que non estás alí. O teu traxe terá que mimetizarse co entorno da foto coma se foses parte do lugar. Podes disfrazarte coma unha nube, vestirte de farola, un arbusto, ser media columna e metade fiestra ou o que o teu enxeño poida imaxinar para crear esta ilusión. Ti escolles onde sempre que sexa un lugar recoñecible de Santiago de Compostela. Envíanos a foto antes do 14 de Marzo e poderás optar a premios de 300 euros, 200 euros, 100 euros e ademáis, os primeiros 10 participantes levarán un bono por valor de 20€.
Proposta orixinal e exclusiva enmarcada dentro das actividades do Entroido de Bergondo 2022, como reto público para estimular o enxeño e a creatividade local. É un concurso fotográfico de persoas que se disfrazan para camuflarse ou “desaparecer” da imaxe, dentro de lugares recoñecibles de Bergondo. Os concursantes terán que enviar fotografías con traxes feitos de tal xeito que se fundan ou camuflen cos monumentos, prazas ou recunchos emblemáticos da cidade, para que pasen case desapercibidos ao primeiro visionado. Un xurado outorgará premios en metálico valorando o enxeño e orixinalidade dos participantes, o deseño e fabricación dos traxes, a calidade técnica das fotografías e que os lugares escollidos poñan en valor a propia cidade

