BASES DO CONCURSO
BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO «O DISFRACE INVISIBLE» PARA O ENTROIDO 2024
ORGANIZACIÓN:
A producción deste concurso é posible grazas á colaboración e coordinación dos concellos participantes, que o integren como unha actividade destacada dentro das festividades do Entroido nas súas respectivas localidades. A iniciativa e xestión loxística corren a cargo do Museo de Magia Kiko Pastur (de Santiago de Compostela) e La Llave Encantada (de A Coruña), aportando innovación e experiencia no ámbito cultural e artístico.
1ª OBXECTIVOS:
Este concurso fotográfico de “disfraces invisibles”, enmarcado no Entroido 2024, está aberto a todos os concellos que desexen sumarse e organizar esta actividade singular nos seus municipios. A proposta destaca por:
- Valor Cultural: Un reto artístico e “máxico” que fomenta a creatividade e o enxeño dos participantes, enriquecendo así a oferta cultural local.
- Valor Social: De carácter transversal, esta actividade está aberta a públicos de todas as idades e condicións, promovendo a inclusión e a participación comunitaria.
- Valor Recreativo e Lúdico: Unha proposta que se integra no espíritu festivo do Entroido, ofrecendo á xente unha actividade divertida e diferente para disfrazarse.
- Valor Turístico: As fotografías presentadas resaltarán os lugares máis emblemáticos e recoñecibles do municipio, contribuíndo así ao seu atractivo turístico e poñendo en valor a localidade.
- Impacto Mediático: Dado o carácter chamativo, orixinal e suxerente da proposta, espera-se unha significativa repercusión nos medios de comunicación e redes sociais.
Con a experiencia das edicións anteriores e a garantía do Museo de Magia Kiko Pastur, así como a colaboración de diversos artistas multidisciplinares galegos, este desafío está posicionado para ser a proposta de prestixio máis orixinal e máxica do Entroido 2024.
2ª TEMÁTICA:
“O disfrace invisible” é un concurso de fotografía (en formato dixital) enmarcado nas festas de Entroido 2024. Admitiranse fotografías que recollan unha ou varias persoas “disfrazadas” que aparezan camufladas, disimuladas ou integradas de forma inxeniosa e orixinal co entorno; que ademáis deberá ser un lugar recoñecible dalgún dos concellos participantes.
Non se trata de que as persoas fotografiadas resulten totalmente desapercibidas ou “invisibles” na imaxe, pero sí de crear certa ilusión de camuflaxe ou mimetización de forma creativa, graciosa ou artística dentro da paisaxe ou entorno.
Tamén terá importancia a localización elixida na fotografía na medida en que poña en valor lugares recoñecibles dos municipios participantes, sexa aproveitando a súa arquitectura, monumentos, prazas, paisaxes, obxectos ou recunchos emblemáticos que podamos realzar.
3ª CONCURSANTES:
Poderá participar neste concurso calquera persoa física, coa excepción dos membros do xurado e organizadores do concurso.
Para formalizar a súa participación os concursantes terán que enviar as súas imaxes fotográficas dentro do prazo e forma establecidos nestas bases.
4º. DISFRACES:
O disfrace ou disfraces que se fotografen poderán ser confeccionados con calquera tipo de material, cor e forma, e valorarase o mérito e enxeño na creación do mesmo, así como a súa integración co contorno elixido para crear o efecto proposto.
5ª FOTOGRAFÍAS:
As fotografías deberán ser presentadas únicamente en formato dixital ( jpg, tiff, png, bmp, raw).
Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso.
As fotografías non poderán ser maiormente alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes nin retoques dixitais máis aló dos axustes básicos de recorte ou de mínimas correccións de cor, luminosidade, etc. En caso de dúbidas, o xurado podería solicitar ao autor o arquivo orixinal para a súa comprobación.
6ª PRESENTACIÓN:
Cada concursante poderá presentar o número de queira de obras fotográficas aínda que só poderá optar a un premio (por concello) no caso de que presente varias.
As obras fotográficas enviaranse únicamente en formato dixital ao email de contacto odisfraceinvisible@gmail.com nos formatos standard: JPEG, TIFF, BMP, PNG ou RAW e dentro do prazo de admisión que marcan estas bases.
Dentro do envío por correo electrónico acompañaranse os seguintes datos: Nome e apelidos do participante, data de nacemento, enderezo postal, teléfono e correo electrónico de contacto, así como municipio ou lugar onde se fixo a fotografía.
En caso da presentación de varias fotos a concurso o autor terá que titulalas ou numeralas de forma diferente para a súa identificación.
Tamén é posible enviar ‘fotos de comprobación’ (con ese título específico) se así se desexa. Estas fotos poderán amosar detalles do disfrace, lugar ou preparación da fotografía, ofrecendo unha perspectiva adicional para axudar ao xurado. Non obstante, estas fotos de comprobación non serán avaliadas para premios; únicamente serán presentadas ao xurado en caso de considerarse oportuno.
7ª PRAZO DE ADMISIÓN:
- Do 1 ao 16 de febreiro: o día 1 de febreiro de 2024 terá comezo o prazo de admisión para presentar as obras (fotografías) do concurso. Non se admitirán obras presentadas con posterioridade á data do 16 de febreiro de 2024 ás 23:59 horas.
8ª PREMIOS:
Outorgarante 5 premios por cada concello participante:
- 1º Premio
- 2º Premio
- 3º Premio
Así como dous áccesits ou premios menores:
- Áccesit “á fotografía máis graciosa”
- Áccesit “á fotografía máis máxica”
- Cada participante non poderá obter máis dun premio por concello.
- A natureza e valor dos premios dependerá de cada concello, asegurando en calquer caso que sexan importantes e atractivos para os gañadores. Poderase consultar os concellos participantes na website www.odisfraceinvisible.com a partir do día 31 de xaneiro.
9ª FALLO:
O fallo do xurado do concurso en cada concello será entre o 20 ao 24 febreiro. O anuncio oficial dos gañadores do concurso terá como data límite o 25 de febreiro de 2024 e será comunicado expresamente pola organización aos premiados, ademáis de ser difundido aos medios de comunicación, redes socias e na website do concurso: www.odisfraceinvisible.com
10ª O XURADO:
O xurado estará formado polo ilusionista e director do Museo de Magia Kiko Pastur, así como dous artistas multidisciplinares de artes escénicas, deseño gráfico e fotografía, así como representantes en cada caso dos concellos participantes. A súa misión será determinar as fotos que optan a premio. A súa decisión será inapelable.
11ª CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS:
O xurado terá en conta os seguinte criterios á hora de valorar as fotografías:
- Orixinalidade da fotografía presentada: valorarase o inédita, ocurrente e enxeñosa que sexa a idea proposta da fotografía en xeral.
- Calidade técnica da fotografía na súa composición, encadre, iluminación, resolución, etc.
- Calidade do disfrace: terase en conta o mérito na confección do disfrace, a creatividade e talento no seu deseño, forma, materiais, cores, etc. respecto a localización na que estea integrado.
- Localización: valorarase positivamente que a imaxe presentada poña en valor a cidade ou pobo mostrando algún lugar recoñecible dalgún dos municipios participantes, sexa aproveitando a súa arquitectura, xardíns, monumentos, prazas, paisaxes, obxectos ou recunchos emblemáticos que podamos identificar.
- Ilusión de camuflaxe: non se trata de crear a ilusión perfecta nin se pretende neste concurso que a persoa disfrazada resulte completamente imperceptible na fotografía, senón que a forma de disimular a súa figura sexa enxeñosa, graciosa ou artística. Sí ten que existir certo grao de camuflaxe ou mimetización coa paisaxe ou entorno. Con todo consideraríase pouco enxeñoso por exemplo esconder á persoa detrás dun póster cunha fotografía da imaxe da paisaxe que está inmediatamente detrás del. Primarase que a persoa disfrazada estea máis ou menos exposta aínda que se adiviñe a súa figura, sempre que a forma de logralo sexa ocurrente, graciosa, orixinal ou artística. Máis que enganar ao ollo valorarase especialmente a creatividade e o enxeño da idea.
- No caso dos accésit valorarase máis en particular a “fotografía máis graciosa” polo divertida e ocurrente que poida resultar e a “fotografía máis máxica” pola ilusión creada ou pola atmósfera máxica que produza.
12ª DEREITOS DE AUTOR:
A propiedade intelectual e autorías serán sempre do autor/a das fotos. Os concellos implicados e o Museo de Magia Kiko Pastur terán dereito a facer uso de todas as fotografías presentadas, en calquera tipo de reprodución ou exposición física ou virtual.
13ª ENTREGA DE PREMIOS:
A entidade de xestión en colaboración co Museo de Magia Kiko Pastur, poñeranse en contacto cos concursantes premiados, unha vez realizado o fallo do xurado, tanto para informar dos respectivos premios como para coordinar o evento de entrega de premios en cada caso. As datas propostas serán entre o 23 de febreiro e o 3 de marzo de 2024.
14ª ACEPTACION DAS BASES:
A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado.
15ª CRÉDITOS:
Iniciativa orixinal de Kiko Pastur para as festas do Entroido, promovida polo Museo de Magia Kiko Pastur, que tivo a súa primeira edición no ano 2021 para o Concello de Santiago de Compostela.
Todos os dereitos e a idea e concepto deste concurso están reservados
___________________________________