“BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “O DISFRACE INVISIBLE”

1ª OBXECTIVO:

Proposta enmarcada dentro das actividades de Entroido do Concello de Bergondo 2022, como reto público para estimular o enxeño e a creatividade local.

Trátase dun concurso fotográfico dirixido a todo tipo de persoas para que se fotografen cun disfrace de tal maneira que pareza que non estean ou resulten máis ou menos imperceptibles na imaxe.
Os concursantes terán que enviar fotografías con disfraces confeccionados de xeito que se camuflen integrándose entre os monumentos, arquitecturas, paisaxes, prazas ou recunchos emblemáticos do municipio, de forma que nun primeiro visionado pasen desapercibidos.

2ª TEMÁTICA:
Trátase dun concurso de fotografía (en formato dixital) enmarcado no Entroido 2022. O tema do concurso “O disfrace invisible” plantéxase para recibir fotografías que recollan unha ou varias persoas disfrazadas que aparezan camufladas na fotografía de tal forma que pasen máis ou menos desapercibidas ou disimuladas dentro da localización elixida, que ademais deberá ser dun lugar recoñecible de Bergondo.

3ª CONCURSANTES:
Poderá participar neste concurso calquera persoa física de nacionalidade española, coa excepción dos membros do xurado.
Para formalizar a súa participación os concursantes terán que rexistrarse correctamente e enviar as súas imaxes fotográficas dentro do prazo e forma establecidos nestas bases.

4º. DISFRACES:
O disfrace ou disfraces que se fotografen poderán ser confeccionados con calquera tipo de material, cor e forma, e valorarase o mérito e enxeño na creación do mesmo, así como a súa integración co contorno elixido para crear o efecto proposto.

5ª FOTOGRAFÍAS:
As fotografías deberán ser presentadas únicamente en formato dixital ( jpg, tiff, png, bmp, raw).
Os participantes responsabilízanse totalmente de ser os únicos autores, de que non existan dereitos a terceiros, así como de toda reclamación por dereitos de imaxe sobre as obras presentadas ao concurso.
As fotografías non poderán ser maiormente alteradas electronicamente nin por calquera outro medio. Tampouco se aceptarán fotomontaxes nin retoques dixitais máis aló dos axustes básicos de recorte ou de mínimas correccións de cor, luminosidade, etc. En caso de dúbidas, o xurado podería solicitar ao autor o arquivo orixinal para a súa comprobación.

6ª PRESENTACIÓN:
Cada concursante poderá presentar o número que queira de obras fotográficas aínda que só poderá optar a un premio no caso de que presente varias.

As obras fotográficas enviaranse únicamente en formato dixital ao email de contacto odisfraceinvisible@gmail.com nos formato standard: JPEG, TIFF, BMP, PNG ou RAW e dentro do prazo de admisión que marcan estas bases.

Cada fotografía presentada terá que incluír outra foto de comprobación co título “foto de comprobación” que mostre a montaxe máis de preto na que se poida apreciar mellor o disfrace desde outra perspectiva. Esta foto de comprobación só será exposta ao xurado para que poidan entender, cotexar e valorar mellor o disfrace e a fotografía suxeita a concurso.

Dentro do envío por correo electrónico acompañaranse os seguintes datos do autor: Nome, apelidos, data de nacemento, dirección, código postal, municipio, provincia, país, teléfono e correo electrónico.

En caso da presentación de varias fotos o autor terá que titulalas de forma diferente ou numeralas para a súa identificación.

7ª PRAZO DE ADMISIÓN:
O prazo para presentar as obras empezará o 28 de febreiro de 2022 ás 00:00 horas. Non se admitirán obras presentadas con posterioridade á data do 14 de marzo de 2022 ás 23:59 horas.

8ª PREMIOS:
Os/as gañadores recibirán bonos para gastar en calquera dos establecementos adheridos á campaña “En Bergondo, mellor” polos seguintes importes:
Primeiro Premio: 300 euros.
Segundo Premio: 200 euros.
Terceiro Premio: 100 euros.

Ademais os primeiros dez participantes levarán un bono por importe de 20€.
*Cada participante non poderá obter máis dun premio.

9ª FALLO:
O fallo do xurado producirase antes do 31 de marzo e será comunicado expresamente pola organización aos premiados. Do mesmo xeito, o Concello de Bergondo, difundirá esta información aos medios de comunicación, na súa páxina web e/ou a través das canles que crea convenientes.

10ª O XURADO:
O xurado estará formado por un empregado público do Concello de Bergondo e o ilusionista Kiko Pastur director do Museo de Magia Kiko Pastur. A súa misión será determinar as fotos que optan a premio así como seleccionar as 25 mellores fotos para incluílas nunha exposición física (que poderá mostrarse no Concello de Bergondo así como no Museo de Magia Kiko Pastur). A súa decisión será inapelable.

11ª CRITERIOS DE VALORACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS:
O xurado terá en conta os seguinte criterios á hora de valorar as fotografías:

  1. Orixinalidade da fotografía presentada: valorarase o inédita, ocurrente e enxeñosa que sexa a idea proposta da fotografía en xeral.
  2. Calidade técnica da fotografía na súa composición, encadre, iluminación, resolución, etc.
  3. Calidade do disfrace: terase en conta o mérito na confección do disfrace, a creatividade e talento no seu deseño, forma, materiais, cores, etc. respecto a localización na que estea integrado.
  4. Localización: valorarase positivamente que a imaxe presentada poña en valor a cidade, mostrando algún lugar recoñecible de Bergondo, sexa aproveitando a súa arquitectura, xardíns, monumentos, prazas, paisaxes, obxectos ou recunchos emblemáticos que podamos identificar.
  5. Ilusión de camuflaxe: non se trata de crear a ilusión perfecta nin se pretende neste concurso que a persoa disfrazada resulte completamente imperceptible na fotografía, senón que a forma de disimular a súa figura sexa enxeñosa, graciosa ou artística. Sí ten que existir certo grao de camuflaxe ou mimetización coa paisaxe ou entorno. Con todo consideraríase pouco enxeñoso por exemplo esconder á persoa detrás dun póster cunha fotografía da imaxe da paisaxe que está inmediatamente detrás del. Primarase que a persoa disfrazada estea máis ou menos exposta aínda que se adiviñe a súa figura, sempre que a forma de logralo sexa ocurrente, graciosa, orixinal ou artística. Máis que enganar ao ollo valorarase especialmente a creatividade e o enxeño da idea.
  6. No caso dos accésit valorarase máis en particular a “fotografía máis graciosa” polo divertida e ocurrente que poida resultar e a “fotografía máis máxica” pola ilusión creada ou pola atmósfera máxica que produza.

12ª DEREITOS DE AUTOR:
A propiedade intelectual e autorías serán sempre do autor/a das fotos. O Concello de Bergondo e o Museo de Magia Kiko Pastur terá dereito a facer uso de todas as fotografías presentadas, en calquera tipo de reprodución ou exposición física ou virtual.

13ª ENTREGA DE PREMIOS:
A organización poñerase en contacto cos concursantes premiados tanto para satisfacer os respectivos premios como para coordinar o evento de entrega de premios, unha vez realizado o fallo do Xurado.

14ª ACEPTACION DAS BASES:
A participación neste concurso supón a plena aceptación de todas e cada unha destas bases e do fallo inapelable do xurado.

15ª CRÉDITOS:
Idea orixinal de Kiko Pastur.